Solapas principales

Esgótase o líquido atrainte de raíñas da campaña para minimizar a expansión da avespa velutina

Lunes, 15 abril, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, informa que se esgotaron as 100 unidades de líquido atrainte de raíñas, que se repartiron dentro da campaña de mitigación de expansión da especia invasora da avespa velutina.

A campaña comezou o pasado 8 de abril co reparto do material para o trampeo da avespa velutina no municipio. O persoal do departamento de Medio Ambiente foi o encargado de ceder 100 unidades de líquido atrainte de raíñas. Ao mesmo tempo, achegáronse unhas instrucións básicas sobre a colocación das trampas e a utilización do líquido atrainte. Dende o Concello farase un seguimento e avisarase, unha vez finalizado o período de trampeo, sobre a conveniencia de retirar as trampas para non danar outras especies. Cómpre lembrar que cando se atopa un niño de avespa velutina hai que chamar ao 012.

Ao igual que en anos anteriores, as trampas que se coloquen durante este primeiro período (de abril a xuño) están dirixidas á captura de raíñas, que nesta época do ano deixan de estar enterradas para a creación de novos niños. A segunda etapa do ciclo de loita contra a avespa velutina terá lugar nos meses de setembro e outubro. Nesta fase o obxectivo será apresar as novas raíñas existentes despois da primeira etapa.

Multimedia