Solapas principales

Está aberto o prazo de matrícula nos servizos complementarios de educación

De Jueves, 20 Junio, 2019 hasta Viernes, 5 Julio, 2019
O Concello de Ames abre o proceso de matrícula dos servizos complementarios: Rede de Comedores, Bos Días Cole e Tardes Divertidas, para o curso 2019-2020. Deberán matricularse os nenos e as nenas de novo ingreso nestes servizos, que xa cursaran a solicitude de preinscrición no prazo fixado para este fin e que consten como admitidos/as na listaxe correspondente. O prazo de matrícula estará aberto do 20 de xuño ao 5 de xullo de 2019.

Os/as usuarios/as dos servizos complementarios durante o curso 2018-2019, que fixeran a renovación de praza para o curso 2019-2020 no prazo fixado para este fin, non deberán matricularse, pero si deberán comprobar que figuran nas Listaxes de renovados de cada servizo sen ningunha incidencia ou erro que deba ser emendado.

Por outra banda, os pais/nais dos nenos/as que figuran nas listas definitivas de solicitudes admitidas nos servizos complementarios para o curso 2019-2020, deberán cubrir e imprimir o impreso de matrícula na web: www.conciliames.org e presentala no rexistro do Concello xunto con toda a documentación solicitada. Para cubrir o impreso será necesario o IBAN, o BIC e os datos do/a titular da conta para a domiciliación dos recibos.

A matrícula pódese realizar tamén de xeito presencial no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, ou na oficina municipal do Milladoiro. Para facer a matricula no servizo de comedor se xa se presentou a documentación para a baremación, non é necesario volver a entregala de novo.

As persoas que non dispoñan de acceso a Internet, e das ferramentas informáticas necesarias para poder facer esta xestión de forma online, terán a súa disposición ao persoal do departamento municipal de Educación. Para iso terán que chamar ao número de teléfono 981 884 991 e sacar cita previa para ser atendidos en Bertamiráns ou no Milladoiro. A continuación, deberán achegarse ata o departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ou ás oficinas municipais do Milladoiro. Alí o persoal municipal realizará estes trámites por eles de forma telemática.

Para máis información pódese poñer en contacto co departamento de Educación en Bertamiráns chamando ao teléfono 981 884 991 ou no enderezo electrónico educacion@concellodeames.gal.

Trámite de inscrición nos comedores escolares

Páxina de Conciliames

Listas definitivas de admitidos/as no proceso de renovación de prazas nos servizos complementarios (Bos días Cole, Tardes divertidas e Comedores escolares)

Listas definitivas de solicitudes admitidas nos servizos complementarios (Comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas) para o curso 2019-2020