Jueves, 2 mayo, 2019
O vindeiro domingo, 5 de maio, a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) organiza unha nova edición da andaina solidaria pola ruta do Rego da Andoriña, en beneficio do programa Vacacións en Paz. Así, o diñeiro recadado irá destinado ao pagamento dos billetes das nenas e nenos saharauís que cada verán veñen a Galicia ao abeiro deste programa. Os participantes partirán ás 10.30 horas da praia fluvial de Tapia. A andaina estará aberta tanto a persoas como a cans, e o prezo será de 5 euros por persoa e 1 euro por can. Para inscribirse nesta camiñada ou obter máis información sobre a iniciativa pode consultarse a través do número de teléfono 646 320 660 ou mediante un correo electrónico ao enderezo eybarra.sogaps@gmail.com. A actividade conta coa colaboración do Concello de Ames e de Supermercados Gadis.