Solapas principales

Este xoves, 23 de maio, impártese un novo obradoiro de competencias socioemocionais sobre coaching e toma de decisións

Martes, 21 mayo, 2019
A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade de Ames organiza este xoves, ás 17.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, un novo taller dirixido ás mulleres amesás que estará centrado no coaching e a toma de decisións. Este taller enmárcase dentro dun programa de obradoiros de competencias socioemocionais enfocados no empoderamento feminino, para a adquisición de capacidades e habilidades socioemocionais que favorezan o seu crecemento persoal. Para participar nas actividades deste ciclo non é necesaria inscrición previa.

O Centro de Información da Muller (CIM) de Ames puxo en marcha no pasado mes de marzo unha serie de obradoiros destinados ao empoderamento das mulleres amesás. Así, o ciclo consta dun total de oito talleres que se van alternando os mércores na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 18.00 a 20.00h, e os xoves no Pazo da Peregrina das 17.00 ás 19.00 horas. O primeiro deles xirou en torno ao autocoidado; o segundo obradoiro centrouse na corporalidade e a atención plena; mentres que o terceiro tratou sobre a disciplina positiva, o cuarto na comunicación interpersoal e o quinto na nutrición.

O obradoiro deste xoves obradoiro xira en torno ao coaching e a toma de decisións, ao que seguirá o do vindeiro mércores sobre a xestión de conflitos, que será o taller encargado de pechar dito programa.

Multimedia