Avisos

Por ejemplo, 25-04-2025
Por ejemplo, 25-04-2025
Viernes, 29 noviembre, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 29 noviembre, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 28 noviembre, 2024
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas do programa de conciliación Nadal Lúdico 2024 para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín, e o CEIP A Maía. Poderanse facer subsanacións ata o día 13 de decembro.
Martes, 26 noviembre, 2024
O Concello de Ames informa do anuncio que se publicou hoxe, 26 de novembro, no DOG sobre o nomeamento como persoal funcionario de carreira tras a convocatoria do proceso selectivo acceso por oposición libre nos corpos da policía local de Galicia, escala básica, categoría policía derivada da OPE 2022.
Martes, 26 noviembre, 2024
Os Concellos de Ames e Brión poñen en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova. Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.
Domingo, 24 noviembre, 2024
O Concello de Ames informa que, debido ás condicións meteorolóxicas adversas, as actividades deportivas ao exterior quedan suspendidas durante toda a xornada deste domingo, 24 de novembro. Ante calquera incidencia provocada por esta serie de fenómenos meteorolóxicos adversos pode informar chamando á Policía Local de Ames ou á Agrupación de Protección Civil nos teléfonos 619 767 575 ou 673 178 888.
Domingo, 24 noviembre, 2024
O Concello de Ames vese na obriga de cancelar a segunda xornada da Feira do Monte que iba ter lugar no campo da festa de Trasmonte hoxe, domingo 24 de novembro. Os fortes ventos unidos á previsión meteorolóxica para o día hoxe fan imposble o normal desenvolvemento do evento. Durante a semana próxima anunciarase unha nova data para a entrega de premios do concurso Enfocames, que iba ter lugar en Trasmonte durante o día de hoxe.
Viernes, 22 noviembre, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 22 noviembre, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 21 noviembre, 2024
O mércores 27 de novembro, ás 18:00 horas, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro unha conferencia sobre o uso responsable das redes sociais organizada pola aula AMTIC. A charla, dunha hora de duración, abordará cuestións como o uso consciente destas plataformas ou algúns dos perigos asociados a elas. Está dirixida a público a partir de 16 anos. A inscrición pode facerse no teléfono 674 594 843, en horario de 9:30 a 14:00 horas, ou a través do enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal, enviando o correspondente impreso cuberto e asinado.