Avisos

Por ejemplo, 25-04-2025
Por ejemplo, 25-04-2025
Miércoles, 8 enero, 2025
A Xunta de Galicia vén de activar unha alerta laranxa por fenómeno meteorolóxico adverso, fortes chuvias e vento, que afecta a Ames. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, Seguridade e Alcaldía, informa que ten organizado un operativo especial para contrarrestar os efectos adversos como as inundacións provocadas polo temporal de vento e choiva que implica á Policía Local, Protección Civil, Augas de Ames e brigadas municipais. En caso de emerxencia, prégase centralizar as chamadas de emerxencia ao 112, Policía Local: 619 76 75 75; ou Protección Civil: 673 17 88 88.
Martes, 7 enero, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Lunes, 30 diciembre, 2024
O Concello de Ames informa que a incidencia na aplicación de reserva de cita da Sede electrónica para acudir ás Recepcións Reais do sábado 4 de xaneiro foi resolta, polo que xa se pode reservar con normalidade cita para ese día a través da Sede Electrónica. As Recepcións Reais do Concello de Ames faranse o venres 3 e o sábado 4 de xaneiro nos pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro. Os Reis Magos estarán os dous días en ambas localidades. As visitas aos Reis Magos pódense facer o venres de 17.00 a 19.30 horas e o sábado 4 pola mañá de 11.00 a 13.30 e pola tarde de 17.00 a 19.30 horas. As visitas terán un intervalo de 5 minutos por cada unidade familiar. Para participar en ditas recepcións reais é imprescindible sacar cita previa a través da Sede electrónica do Concello de Ames.
Viernes, 27 diciembre, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Lunes, 23 diciembre, 2024
O Concello de Ames traballa na organización das Cabalgatas de Reis, que se celebran o domingo 5 de xaneiro nas localidades do Milladoiro e Bertamiráns. Para participar en ditas Cabalgatas abriuse un prazo de inscrición, que rematou o 22 de decembro, co obxectivo de que as nenas e nenos do concello poidan acompañar aos Reis Magos nas carrozas. Para cubrir as últimas prazas abre un prazo extraordinario de inscrición ata o domingo día 29 de decembro. As últimas prazas cubriranse por orde de presentación dos impresos de solicitude.
De Lunes, 23 Diciembre, 2024 hasta Martes, 7 Enero, 2025
Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso pódense obter os menús do Nadal Lúdico 2024 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
De Domingo, 22 Diciembre, 2024 hasta Lunes, 6 Enero, 2025
Con data de 16 de decembro de 2024, recíbese escrito da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) de solicitude de ampliación de horarios de Nadal nos establecementos de hostalería.
Sábado, 21 diciembre, 2024
Xa están esgotados os 50 bonos culturais da programación de artes escénicas para o primeiro semestre de 2025 que se puxeron á venda este mércores 18. As entradas para os espectáculos programados poderán adquirirse na Billeteira Electrónica a partir do 8 de xaneiro.
Viernes, 20 diciembre, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 19 diciembre, 2024
Con motivo da celebración da XVII Carreira Ciclista do Pavo, que se celebra o domingo, 22 de decembro de 2024, nos arredores da avenida da Maía, en Bertamiráns, infórmase de que haberá cortes de tráfico nas rúas, aldeas e lugares polos que transcorre a citada carreira.