- Tematica
A programación da Gran Festa de Reis dará comezo coas recepcións aos Reis Magos o venres 3 e o sábado 4 nos pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro. Os Reis Magos estarán os dous días en ambas localidades. Deste xeito, as Súas Maxestades atenderán as peticións de agasallos e ofrecerán á cativada un obxecto máxico, unha chave que permite acceder a todos os domicilios de Ames, e que debe ser colocada nas casas a noite de Reis.
Para poder asistir, estableceuse un sistema de cita previa para evitar longas esperas. Deste xeito, as persoas interesadas poderán reservar a súa cita a través desta ligazón da Sede electrónica do Concello de Ames, seleccionando o día, hora e localidade á que se desexa asistir no apartado “Solicitar cita previa”. Unha vez seleccionado, haberá que escoller a localidade á que se desexe ir (Recepción Reis Magos Pavillón de Bertamiráns ou Milladoiro), seleccionar o día de asistencia (3 ou 4 de xaneiro) e darlle a Ver dispoñibilidade. Aparecerán 4 opcións nun menú despregable para consultar se quedan ocos libres no horario que se desexe. Só se poderá pedir unha cita por cada unidade familiar e, ademais, a reserva inclúe o pase polos tres Reis Magos. As visitas aos Reis Magos pódense facer o venres de 17.00 a 19.30 horas e o sábado 4 pola mañá de 11.00 a 13.30 e pola tarde de 17.00 a 19.30 horas
Dende o Concello de Ames agradecésece a paciencia e pídese desculpas pola demora na solución da incidencia que houbo estes días para poder solicitar cita o sábado 4.