O Centro de Información da Muller (CIM) de Ames puxo en marcha no pasado mes de marzo unha serie de obradoiros destinados ao empoderamento das mulleres amesás. Así, o ciclo consta dun total de oito talleres que se van alternando os mércores na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 18.00 a 20.00h, e os xoves no Pazo da Peregrina das 17.00 ás 19.00 horas. O primeiro deles xirou en torno ao autocoidado; o segundo obradoiro centrouse na corporalidade e a atención plena; mentres que o terceiro tratou sobre a disciplina positiva e o cuarto na comunicación interpersoal.
Este quinto obradoiro leva por título Alimentar o teu cerebro: nutrición e benestar. A continuación, o mércores 15 realizarase unha sesión que versará sobre o mindfulness. Os dous últimos talleres do programa xirarán en torno ao coaching e a toma de decisións, o 23 de maio, e á xestión de conflitos, o mércores 29.