- Tematica
Ames Emprega e Integra é un programa de inserción laboral para colectivos desfavorecidos do concello de Ames, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (POPE), financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER).
Novas accións formativas do programa Ames Emprega e Integra
- Preparación de competencias clave nivel 2. Terá lugar todos os martes e xoves, do 12 de setembro ao 19 de outubro, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Será no espazo A Proa, no Milladoiro.
- Preparación de probas da ESO. Terá lugar todos os luns e mércores, do 11 de setembro ao 6 de novembro, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Será no espazo A Proa, no Milladoiro.
Formación sectorial
Paralelamente están a desenvolverse os cursos de formación sectorial. En agosto darán comezo dúas novas formacións:
- Formación básica para limpezas xerais. Terá lugar do 21 de agosto ao 4 de setembro, en horario de 9:00 a 14:30 horas. Impartiranse 60 horas de formación presencial e 60 horas de prácticas.
-Recepción e atención ao cliente en aloxamentos. Terá lugar do 21 de agosto ao 5 de setembro, en horario de 9:00 a 14:30 horas. Impartiranse 65 horas de formación presencial e 50 horas de prácticas.
Este cursos impartiranse nas instalacións de ForGa, que están situadas no parque empresarial Novo Milladoiro. Para inscribirse é preciso cubrir este formulario.
Para dispor de máis información pódese chamar ao número de teléfono 674 59 48 43 ou escribir un correo electrónico ao enderezo ames.integra.emprega@gmail.com. Tamén se pode acceder á páxina web https://amesintegraeemprega.es/.