- Tematica
Tras a publicación do DOG nº16-Bis, do 26 de xaneiro de 2021 onde se recollen as medidas de prevención para a Comunidade Autonóma de Galicia e a suspensión de actividades como o ensino universitario en modalidade presencial, a limitación horaria das diferentes actividades comerciais e o peche total da hostalería, Monbus anuncia unha reformulación dos servizos para partir do día 6 de febreiro. Para máis información pódese acceder á web da empresa Monbus.
Segundo a resolución do 3 de febreiro de 2021 pola que se habilitan determinadas medidas no ámbito dos servizos de transporte público regular e interurbanos de viaxeiros en Galicia, os servizos da Comunidade Autónoma reduciranse segundo o estipulado nesta resolución.
Devanditos cambios realizaranse en servizos de sábado, domingos e festivos e aqueles que teñan saídas a partir das 18:00 h de luns a venres (estes últimos en traxectos de máis de 50 quilómetros).
Garántese a continuidade dos servizos e actividades tales como os servizos sanitarios, centros laborais ou actividades educativas. Actualización do estado dos servizos Monbus está a seguir atentamente a evolución da actual situación sanitaria e as recomendacións recibidas por parte das administracións públicas. A información sobre o estado dos servizos irase actualizando constantemente nesta publicación e a través de redes sociais.
- XG 614: Comarca de Verín
- XG 621: Sur da comarca do Condado, Este da de Vigo e termo municipal de Tui
- XG 622: Norte das comarcas da Paradanta e O Condado
- XG 623: Lugo - Ourense - Vigo, con anexos
- XG 625: Comarca do Morrazo
- XG 626: Sur da comarca do Salnés e termo municipal de Poio
- XG 627: Norte da comarca do Salnés e termo municipal de Catoira
- XG 628: Metropolitano de Pontevedra
- XG 640: Noroeste das comarcas de Ferrol e Ortegal
- XG 648: Monforte de Lemos - Sarria - Lugo, con anexos
Horarios - XG 802: Lugo – Santiago de Compostela, con anexos
Horarios - XG 804: Oeste da comarca de Santiago
- XG 807: Sur da comarca de Santiago
- XG 817: Eixo Atlántico e conexións con Lugo, Lalín e Fisterra, con anexos
- XG 847: Comarca do Barbanza
- XG 860: Comarca de Tabeirós-Terra de Montes
- XG 871: Norte da comarca de Betanzos, sur da de Ferrol e oeste da de Eume
Actualización do estado dos servizos
Monbus está a seguir atentamente a evolución da actual situación sanitaria e as recomendacións recibidas por parte das administracións públicas. A información sobre o estado dos servizos irase actualizando constantemente nesta publicación e a través de redes sociais.
Calquera persoa que precise información, pode solicitala por teléfono (982 29 29 00), enderezo electrónico (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter, e Instagram).