Solapas principales

Información sobre cortes na rúa Entrerríos polas obras da améndoa central de Bertamiráns

Viernes, 15 septiembre, 2023
Con motivo do avance da execución das obras de creación da améndoa central de Bertamiráns, incluída na EDUSI Impulsa Ames, o alcalde a través dun bando municipal, comunica que o luns 18 de setembro se cortará un pequeno tramo da rúa Entrerríos, e avisa do seguinte:

- A zona sinalada cunha liña vermella estará cortada ao tráfico e ao estacionamento de vehículos mentres duren as obras. Os garaxes de dita zona (sinalados cun círculo amarelo) non poderán facer uso dos mesmos mentres duren os traballos, polo que quedarán sen acceso na semana do 25 de setembro (serán avisados previamente).

- Na zona sinalada cunha liña en cor azul non se poderá aparcar en tanto duren as obras. Os garaxes sitos nesa zona poderán entrar e saír dende a rúa Alcalde Lorenzo. Poderase facer uso dos contenedores de residuos situados nesa zona.

- Haberá sinalización de obra. 

- Na zona marcada con liña azul hai uns contenedores de residuos, que se manterán no mesmo lugar. 

Multimedia