Miércoles, 8 abril, 2020
- Tematica
Segundo se recolle no punto 4 do Aviso sobre medidas extraordinarias en materia tributaria e información de contacto dos servizos económicos/tributarios municipais e da Deputación da Coruña, non se pasarán os recibos daqueles servizos que se atopan suspendidos polo tempo que dure dita suspensión.
Deste xeito, queda suspendido temporalmente o cobro dos recibos de febreiro e primeira quincena de marzo dos servizos de Comedor escolar, Bos días cole e Tardes divertidas.
Por outra banda, aclarar que non se cobrarán os servizos dende o 14 de marzo (segunda quincena de marzo) e seguintes (abril) ao non prestarse o servizo dende que se declarou o estado de alarma.