- Tematica
-Cortarase á circulación na zona sinalada en cor amarelo na rúa Alcalde Lorenzo entre os números 2 e 6 da mesma (consultar imaxe ao pé do aviso).
-Os taxis situados de modo temporal na praza do Concello e o garaxe sito no número 1 de dita praza, seguirán usando ata novo aviso a saída pola rúa Ameneiral (os días do mercado de rúa, habilitaráselles a saída pola rúa Alcalde Lorenzo).
-Os usuarios do garaxe sito no número 2 da rúa Alcalde Lorenzo (dependencias municipais de urbanismo e Policía Local) durante o tempo que duren as obras non poderán facer uso do mesmo. Habilitarase para ditos usuarios a zona sinalada en círculo vermello (consultar imaxe ao pé do aviso).
-Habilitaranse dúas zonas de contedores de residuos sinalados con estrelas en cor azul.
-Haberá sinalización de obra con indicación de desvíos alternativos e prohibicións.