Solapas principales

Inscríbete nos cursos de natación e de iniciación a piragüismo que se desenvolverán este verán

Martes, 23 junio, 2020
O próximo luns, 22 de xuño, abre o prazo de inscrición para os primeiros cursos de natación deste verán, que se desenvolverán ao longo do mes de xullo. Ao pé deste aviso poderás obter o impreso de solicitude para realizar a inscrición. O prazo para facelo estará aberto ata o vindeiro día 28. En canto as cursos de iniciación ao piragüismo, as inscricións hai que tramitalas de xeito telemático enviando un correo electrónico a deportes@concellodeames.gal, no momento da recepción do correo enviarase o impreso de inscrición ao interesado/a.

Cursos de natación
Os cursos de natación están organizados pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña. Están divididos en catro quendas, as cales están organizadas en función da idade dos/as participantes. Porén, as persoas que prefiran acudir aos cursos de natación que se impartirán en agosto deberán realizar a inscrición entre o 6 e o 17 de xullo.

Tanto os cursos de xullo como os do mes de agosto están organizados en función da idade das e dos participantes, polo que ambos manterán os mesmos horarios. Ás 11:15h comezarán os rapaces e as rapazas que superen os 10 anos de idade, mentres que ás 12:00h será a quenda dos/as nenos/as de 8 e 9 anos. A continuación, ás 12:45h, entrará na piscina a rapazada de 6 e 7 anos, aos que seguirán os cativos e cativas de entre 3 e 5 anos a partir das 13.3 0horas, que serán os últimos en mergullarse na auga.

As inscricións hai que tramitalas de xeito telemático enviando un correo electrónico a deportes@concellodeames.gal (para os cursos impartidos en Bertamiráns) e deportes.milladoiro@concellodeames.gal (para os cursos impartidos no Milladoiro). Haberá que enviar o impreso de solicitude cuberto, unha fotocopia da tarxeta sanitaria e o modelo de autoliquidación pagado.

A folla de autoliquidación pode solicitarse nas oficinas de recadación (en Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6; ou no Milladoiro, na rúa Viorneira, número 6) ou no correo electrónico ames@canaltributos.com. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 88 48 96. Os/as usuarios/as tamén poderán tramitar directamente a súa autoliquidación na Oficina Virtual Tributaria.

No tocante ao prezo, cada familia deberá abonar 20 euros, reducíndose a 10 para segundos membros e a 5 para terceiros e restantes.

Para máis información poden enviar un correo electrónico aos enderezos deportes@concellodeames.gal / deportes.milladoiro@concellodeames.gal ou chamar aos números de teléfono 981 535 940 ou 619 842 504.

Cursos de iniciación ao piragüismo

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza uns cursos de iniciación ao piragüismo durante os meses de xullo e agosto. Esta actividade está dirixida aos nenos/as nados entre o 2006 e o 2012. Esta actividade impartirase os luns, mércores e venres, en horario de 11.00 a 12.15 horas. O prazo para apuntarse xa está aberto. Ofértanse 20 prazas para cada mes. Cómpre salientar que as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Todas as persoas que desexen iniciarse ou perfeccionar a súa técnica poderán participar nestes cursos de piragüismo. Esta actividade está dirixida aos nenos e nenas nados entre o 2006 e o 2012 que desexen iniciarse neste deporte. Estes cursos impartiranse nos meses de xullo e agosto, os luns, mércores e venres, en horario de 11.00 a 12.15 horas. O prazo para apuntarse xa está aberto. Ofértanse 20 prazas para cada mes. Cómpre salientar que as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

As inscricións hai que tramitalas de xeito telemático enviando un correo electrónico a deportes@concellodeames.gal. No momento da inscrición hai que especificar o mes ou os meses que o/a usuario/a vai asistir. Haberá que enviar o impreso federativo, fotocopia do DNI e unha fotografía. O prezo desta actividade é de 30 euros para un mes e 50 euros para os dous meses. Para participar nestes cursos é imprescindible saber nadar.

Para máis información  pódese enviar un correo electrónico a deportes@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 619 842 504.

Multimedia