Miércoles, 8 mayo, 2019
A Concellaría de Educación e Cultura informa da publicación das listas provisionais de admitidos/as nas escolas infantís municipais (EIM O Bosque de Bertamiráns e EIM A Madalena do Milladoiro) para o curso 2019-2020. Dende a publicación das listas hai un prazo de 10 días hábiles para posibles reclamacións. Unha vez adxudicada de forma definitiva a praza abrirase o prazo de formalización de matrícula entre os días 1 e 15 de xuño. A matrícula hai que tramitala nas propias escolas, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Premendo a túa dereita, baixo o apartado de descargas, podes obter as listas provisionais de admitidos/as.
Para máis información, os interesados ou interesadas poden dirixirse aos propios centros: a EIM O Bosque, situada no número 28 da Avenida da Peregrina, en Bertamiráns; e a EIM A Madalena, situada no número 16 da Praza da Madalena, no Milladoiro. Tamén se pode chamar aos números de teléfono 981 891 111 e 981 538 433, respectivamente.