Viernes, 7 junio, 2019
- Tematica
O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas provisionais de usuarios/as admitidos/as no programa Escola de verán. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as listas de Bertamiráns e Milladoiro. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o.
As listas tamén se pode consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro. O prazo para presentar posibles reclamacións remata o vindeiro 21 de xuño. A Escola de verán desenvolverase durante os meses de xullo e agosto, no Milladoiro e en Bertamiráns. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal.