Solapas principales

Listaxe de admitidos/as na actividade "Finde na neve", que terá lugar en Leitariegos no mes de febreiro

Lunes, 20 enero, 2025
A Concellaría de Mocidade, a través do departamento de Xuventude, organiza unha nova actividade dirixida á mocidade amesá, “Finde na neve”. A iniciativa, que leva realizándose xa catro anos, desenvolverase entre o 7 e o 9 de febreiro na estación invernal de Leitariegos, en León. Para esta edición ofértanse un máximo de 40 prazas para a mocidade nada entre o 1994 e o 2009. O custo da actividade é de 158 euros e inclúe transporte, a estadía, manutención, forfait, alugueiro de material de esquí, curso de 4 horas, entre outras cuestións. Podes consultar a listaxe de admitidos/as ao pé deste aviso.

“Finde na neve” é unha actividade que pretende fomentar un ocio saudable, diferente e de contacto coa natureza entre a mocidade, así como facilitar a posibilidade de coñecer outra xente nova do municipio e fortalecer as experiencias conxuntas. A saída realizarase, como vén sendo habitual, na estación invernal de Leitariegos, en León, na segunda fin de semana do mes de febreiro, entre o día 7 e o 9. Pódese consultar as bases da actividade na seguinte ligazón.

O prezo é de 158 euros e inclúe o desprazamento ida e volta en autobús, o aloxamento e pensión completa de 3 días e 2 noites no albergue turístico El Cordal Laciana (comezando coa cea do venres e rematando coa comida do domingo), forfait e alugueiro de material de esquí durante dúas xornadas (incluíndo esquís, botas, bastóns e casco), curso de esquí de 4 horas, seguros e monitores.

Actualmente, as instalacións están temporalmente pechadas debido ás escaseza de neve polo que, de momento, non se abonará a actividade. Nos vindeiros días recibirán máis información a través do correo electrónico.