Jueves, 15 junio, 2023
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai públicas as listaxes definitivas de aspirantes admitidos e excluídos no proceso selectivo de dezanove prazas de Auxiliar Administrativo, grupo C2, incluídas na Oferta de Emprego Público do ano 2022. Así mesmo, fíxase o 27 de xuño ás 10:00 horas como data para a primeira sesión do Tribunal cualificador para comezar o proceso de valoración de méritos.