- Tematica
Solicitude, preinscrición e matrícula
PARA FACER A MATRÍCULA (solicitudes admitidas na listaxe de prescricións)
PASO 1. Xerar a solicitude a través de www.conciliames.gal.
Tamén se poderá realizar este trámite de xeito presencial no Departamento de Educación situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns ou na Oficina Municipal de Milladoiro, para o que deberán solicitar cita previa no teléfono 981.891.476
PASO 2. Liquidar as taxas de matrícula
Solicitará Recadación Municipal, no enderezo electrónico ames@canaltributos.com, a autoliquidación de taxas para o(s) servizo(s) que vaia a matricular (12,00 € por servizo e neno/a).
É condición indispensable o pago das taxas para facer efectiva a matrícula.
PASO 3. Rexistrar a solicitude debidamente cuberta e asinada a través de calquera dos rexistros aos que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para considerar firmadas as solicitudes presentadas mediante rexistro telemático, é preciso que os arquivos xerados coas solicitudes conteñan as firmas dixitais (as firmas manuscritas non son válidas se non veñen acompañadas da sinatura dixital).
PASO 4. Comprobar as listaxes de admitidos e excluídos:
- Provisionais: Publicación prevista 12 ou 15 de xullo do 2024, con prazo de emenda de 10 días hábiles en www.conciliames.gal e en www.concellodeames.gal
- Definitivas: Publicación prevista finais do mes de xullo do 2024 xunto coas renovacións en www.conciliames.gal e en www.concellodeames.gal
Os usuarios que non aparezan como admitidos na listaxe definitiva perderán a praza para o vindeiro curso e por tanto, no caso de seguir interesados, deberán solicitar unha nova presentando unha solicitude de prescrición e o impreso de baremación (para o servizo no que sexa obrigatorio)
Non matricularen prazo suporá a perda da praza para o vindeiro curso.
PARA SOLICITAR A BONIFICACIÓN DE TAXAS
Aquelas persoas que desexen solicitar a bonificación de taxas para o curso 2024-2025, terán que presentar a solicitude cando formalicen a matrícula e entregar a documentación que se requira segundo o caso. Poderá consultar a documentación necesaria na paxina www.conciliames.gal.