- Tematica
O programa Setembro Lúdico 2023 está dirixido a aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con crianzas escolarizadas no segundo ciclo de Educación Infantil e Primaria (non poderán participar os nenos/as que vaian cursar 4º de infantil no curso 2023/2024 nin os nenos/as que para o curso 2023/2024 vaian a cursar a ESO) e que teñan a necesidade de conciliar. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 1, 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro.
O Setembro Lúdico oferta os servizos de conciliación habituais nos programas do concello, como o Bos Días ou os comedores, co fin de adaptarse ás necesidades de cada familia. Deste xeito, os horarios de entrada dos nenos e nenas poden comezar ás 7:30 ou ás 9:00 horas, cun almorzo opcional para as crianzas máis madrugadoras, mentres que as horas de recollida serán as 14:30 ou as 16:00 horas.