Solapas principales

Listaxes provisionais da Escola de Verán 2024

Jueves, 13 junio, 2024
Desde o departamento de Educación fanse públicas as listaxes provisionais da Escola de Verán 2024. Nesta ocasión, as listaxes que se publican non clasifican as solicitudes como admitidas e excluídas, xa que as mesmas superan o número de prazas establecidas. As listaxes están dispoñibles ao pé deste aviso.

No apartado "documentación" da web de Conciliamespoderá consultar a solicitude para Escola de Verán localizando o expediente polo número asignado por rexistro cando presentou a solicitude. O prazo de emenda é de 5 días hábiles (ata o 20/06/2024)

Se na solicitude indica que ten débeda en executiva, a continuación indicamos os teléfonos para consultar e solucionar a incidencia:

  • Deputación da Coruña: 900.132.204
  • Recadación municipal: 981.88.48.96
  • Espina & Delfín: 981.89.07.76

As listaxes que se publican non clasifican as solicitudes como admitidas e excluídas, xa que as mesmas superan o número de prazas establecidas mediante decreto 1377 / 2024 para cada etapa, centro escolar e quincena polo que, a cobertura de prazas farase conforme ao establecido no artigo 17 do Regulamento de escola de verán:

Artigo 17. Número máximo de usuarios e listaxe de agarda
No caso de que mediante decreto de alcaldía se estableza un número máximo de prazas, procederase da seguinte maneira:
Terán preferencia as unidades familiares onde todos os proxenitores xustifiquen debidamente a necesidade de conciliación.

En caso de que as inscricións presentadas dentro do prazo sinalado no artigo 14 excedan as prazas dispoñibles, efectuarase un sorteo público para determinar a lista de usuarios do servizo, pasando as persoas excluídas a integrar unha listaxe de agarda.
Pola contra, de existir máis prazas que solicitudes, poderán acceder ao servizo aqueles nenos e nenas pertencentes a unha unidade familiar na que soamente un dos proxenitores/titores necesite conciliar a súa vida laboral e familiar. De existir máis solicitudes que prazas farase un sorteo público, pasando as persoas excluídas a integrar unha listaxe de agarda.

Todas as inscricións presentadas fora de prazo producirán a entrada do/a neno/a na listaxe de agarda correspondente a continuación das presentadas dentro do prazo. A orde na lista será establecida seguindo os criterios anteriores, é dicir terán preferencia as unidades familiares onde todos os proxenitores xustifiquen debidamente a necesidade de conciliación.
Será o Concello o que, por motivos de organización, dispoñibilidade de orzamento e en función de posibles baixas sobrevidas, determine o número de prazas dispoñibles para dar entrada a nenos e nenas das listaxes de agarda, neste caso os/as nenos/as irán entrando no programa seguindo estritamente a orde na que figuren na listaxe de agarda correspondente.
No caso da necesidade de realizar o sorteo para cubrir as prazas de Escola de Verán, as solicitudes de irmáns trataranse segundo o seguinte: na mesma papeleta irán todos os irmáns xuntos, dispoñendo de tantas prazas coma irmáns estean previamente admitidos nas listaxes provisionais. Os casos de emerxencia social debidamente acreditados polos Servizos Sociais do Concello de Ames terán preferencia para entrar no programa.

Deben revisar si as solicitudes corresponden co servizo solicitado, se precisa de algún tipo de emenda e comprobar se o apartado de Conciliación se corresponde coa situación real da unidade familiar, según os seguintes criterios:

  • 0: Non xustifican a necesidade de conciliar ningún dos 2 proxenitores (1 proxenitor/a caso familias monoparentais)
  • 1: Só 1 dos 2 proxenitores xustifica a necesidade de conciliar.
  • 2: Os 2 proxenitores xustifican a necesidade de conciliar (1 proxenitor/a caso familias monoparentais)

No caso de non ter presentada a xustificación, dispón do prazo indicado de emenda para poder presentar a mesma.