Solapas principales

Listaxes provisionais de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2023

Viernes, 5 mayo, 2023
O Concello de Ames informa sobre a publicación das listaxes provisionais de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2023. As devanditas listas están publicadas na web municipal e nos taboleiros oficiais do concello. Haberá que comprobar o código asignado a cada usuario/a para saber se está admitido/a no campamento que fixo a inscrición. Poderanse facer as alegacións que se consideren oportunas. Posteriormente, o 9 de maio publicaranse as listas de admitidas/os definitivas. A información completa sobre o proceso de matrícula pódese consultar nas bases do programa.

A efectos de información e posibles reclamacións publícase a lista provisional de admitidos/as no programa municipal e Campamentos de verán 2023, sobre a que se poderán facer as alegacións oportunas. A publicación da lista definitiva será o 9 de maio. Nese momento indicarase nos campamentos que será preciso realizar sorteo, que terá lugar o día 11 de maio no salón de plenos da Casa do Concello. Mediante o mesmo cubriranse as prazas nas distintas actividades, e tamén dará lugar a unha lista de agarda para cada un dos campamentos sorteados. O resultado e a lista de agarda publicarase o 15 de maio.

Matrícula
O prazo de matrícula estará aberto dende o 19 ata o 31 de maio. Para realizarse, débese presentar o impreso correspondente de matrícula debidamente cuberto, unha copia da tarxeta sanitaria e certificado médico (só no caso de padecer unha enfermidade que deberá ser reflectida). Se é preciso, os nenos/as que participen no campamento de Alvarella (segunda quenda) deberán entregar unha ficha de coñecemento persoal. A documentación presentarase preferiblemente a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).

Pagamento
O pagamento das taxas poderá fraccionarse en dous pagos (50% do custe de cada un). O primeiro pagamento deberá ser realizado entre o 19 e o 31 de maio, e o segundo entre o 13 e o 23 de xuño.

Os impresos para facer efectivo o pagamento enviaránselle ao correo electrónico facilitado polos/as usuarios/as na súa solicitude de praza. Tamén poden ser recollidos nas Oficinas de Recadación do Milladoiro e de Bertamiráns ou a través do correo electrónico ames@canaltributos.com.

No caso de dispor de Certificado Dixital ou DNI electrónico poderase descargar ou pagar a autoliquidación premendo nesta ligazón e seleccionando a opción “Pagar”, ou ben a través da banca electrónica de ABANCA.

Máis información
Para máis información pódese contactar coa Aula da Natureza, chamando ao número de teléfono 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal, ou ben coa Concellaría de Xuventude, chamando ao teléfono 616 083 229 ou escribindo a xuventude@concellodeames.gal. O horario de atención de ambos departamentos será de 9:00 a 14:00 horas.

Multimedia