Solapas principales

Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no Setembro Lúdico 2024

Jueves, 8 agosto, 2024
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas no programa de conciliación Setembro Lúdico 2024, para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín e o CEIP A Maía. O prazo de subsanacións remata o 23 de agosto.

O programa de conciliación Setembro Lúdico volverá a realizarse a comezos do vindeiro mes de setembro co obxectivo de axudar ás familias amesás a compatibilizar a vida laboral e a familiar. Para sumarse ao servizo, cómpre que as nais, pais ou responsables legais acrediten a necesidade de conciliar. Neste senso, os centros educativos nos que se desenvolverá o Setembro Lúdico serán o CEIP da Maía, en Bertamiráns, e no Milladoiro, a EEI do Milladoiro e o CEP de Ventín. O programa desenvolverase os días 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de setembro de 2024.

O Setembro Lúdico oferta os servizos de conciliación habituais nos programas do concello, como o Bos Días ou os comedores, co fin de adaptarse ás necesidades de cada familia. Deste xeito, os horarios de entrada dos nenos e nenas poden comezar ás 7:30 ou ás 9:00 horas, cun almorzo opcional para as crianzas máis madrugadoras, mentres que as horas de recollida serán as 14:30 ou as 16:00 horas.