Solapas principales

Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no Xuño Lúdico 2024

Viernes, 31 mayo, 2024
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Xuño Lúdico 2024, para o CEP Ventín e o CEIP A Maía.

O programa de conciliación “Xuño lúdico” volve neste 2024 para axudar ás familias amesás a compatibilizar a vida laboral e a familiar. Para sumarse ao servizo, cómpre que as nais, pais ou responsables legais acrediten a necesidade de conciliar, e que teñan nenos ou nenas escolarizadas no segundo ciclo de educación infantil ou en educación primaria. Neste senso, os centros educativos nos que se desenvolverá o Xuño Lúdico serán o CEIP da Maía (Bertamiráns) e o CEP de Ventín (O Milladoiro). O programa desenvolverase nos días 24, 25, 26, 27 e 28 de xuño de 2024.

O “Xuño lúdico” oferta os servizos de conciliación habituais nos programas do concello, como o Bos Días e mailo servizo de comedor, co fin de adaptarse ás necesidades de cada familia. Deste xeito, os horarios de entrada dos nenos e nenas poden comezar ás 7:30 ou ás 9:00 horas, cun almorzo opcional para as crianzas máis madrugadoras, mentres que as horas de recollida serán as 14:30 ou as 16:00 horas. Premendo nesta ligazón pódese obter o impreso de inscrición no programa Xuño lúdico 2024.

Multimedia