Solapas principales

Mañá o Pazo da Peregrina acollerá o Encontro Literario "Ángeles de Santiago: Génesis"

Lunes, 17 marzo, 2025
Mañá martes, día 17 de marzo, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20.00 horas, acollerá unha sesión máis dos Encontros Literarios, desta volta coa presentación de “Ángeles de Santiago: Génesis”, de Alba Sánchez. Ademais da autora desta obra de ficción, estará presente durante a charla Mónica de Soto Alberto, profesora de filosofía. Como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo. Este encontro estaba previsto para o pasado xoves 6 de marzo e, finalmente, debido ás condicións meteorolóxicas previstas nesa xornada, foi proposto nesta nova data.

“Ángeles de Santiago: Génesis” de Alba Sánchez
A autora deste próximo encontro é Alba Sánchez Suárez,  unha moza santiaguesa de só 17 anos afeccionada dende ben cativa a todos os tipos de literatura. Esta obra de fantasía é a súa primeira publicación é o froito a tres anos de investigación e traballo sobre historias e mitos relacionados cos anxos e outros seres mitolóxicos ambientados na cidade de Compostela. Con todo, esta obra será o inicio dunha saga de libros xuvenís.

A novela narra a historia complexa de Raquel tras a morte repentina da súa nai, unha mestura entre realismo e ficción na que a medida que a protagonista intenta resucitar á súa vai, van aparecendo diferentes personaxes e elementos como os anxos e demos ou os pecados capitais.