Solapas principales

Modificacións na liña de transporte metropolitano XG804

Jueves, 21 abril, 2022
O Concello de Ames informa sobre a información remitida pola empresa Monbus, concesionaria do servizo de transporte metropolitano, sobre as modificacións realizadas dende o 19 de abril na liña XG804.

Os cambios realizados foron na expedición Santiago - Gándara das 07:45 h, que realizará parada no IES de Brión en tempada lectiva e tamén actualízase a saída da liña Santiago - Negreira das 07:30 h ás 07:25 horas.

Deste xeito, actívase unha nova liña de autobús entre Santiago de Compostela e Brión que engade unha parada no instituto coa que se reforzan os servizos ao centro. A nova liña contará cun servizo en horario de entrada ao instituto durante a época lectiva, con saída de Santiago de Compostela ás 7:45 horas e parada no centro ás 8:15 horas, dez minutos antes do comezo das clases.

Calquera persoa viaxeira que precise información pode solicitala por teléfono (900 92 91 92), correo electrónico (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram).