Solapas principales

O alumnado de saxofón da Escola Municipal de Música de Ames celebra mañá unha audición en Aldea Nova

Martes, 21 mayo, 2019
A aula 10 do edificio multiusos de Aldea Nova acollerá mañá unha audición de saxofón no que o alumnado da EMMA amosará ás súas familias e amizades o traballo desenvolvido e os avances conseguidos dende o inicio do curso. A partir das 18.30h, alumnos e alumnas de todas as idades ofrecerán un variado repertorio composto por pezas de diversos estilos, interpretadas de xeito individual ou a dúo. O programa de dita audición contará con pezas de jazz, música popular e sons célebres de compositores clásicos coñecidos por todos.

Multimedia