Jueves, 5 enero, 2023
- Tematica
A concellaría de Obras e Servizos Básicos avisa á cidadanía que o vindeiro luns 9 de xaneiro darán comezo as obras de creación dunha améndoa central no núcleo de Bertamiráns. Os traballos iniciaranse na praza da Maía, polo que, nos vindeiros días ampliarase información sobre como van afectar ao tráfico e ás entradas e saída nos garaxes.
Dende o Concello de Ames lamentan as molestias causadas á veciñanza.