Solapas principales

O Concello de Ames ofrece un servizo de información para persoas afectadas no eido laboral polo COVID-19

Viernes, 24 abril, 2020
O Concello de Ames incrementa o servizo ofrecido á veciñanza para consultas relacionadas coas axudas postas a disposición das afectadas e afectados no eido laboral pola situación de emerxencia sanitaria do coronavirus. Deste xeito, as veciñas e veciños de Ames, poderán chamar ao número 669 02 47 33, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas, para formular as súas dúbidas que serán atendidas polo Servizo de Emprego amesá.

Como consecuencia a este estado de emerxencia, o Concello de Ames reitera que está a disposición da veciñanza para poder atender as súas dúbidas no ámbito laboral, e tentar facilitar o acceso a toda a información que lle atinxa.

Estas dúbidas poden ser derivadas por traballadoras e traballadores que se ven afectados ou poden sufrir un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego) e autónomas/os que tamén se vexan afectados pola situación. Ademais, cómpre ter en conta as novas medidas aprobadas polo Goberno do Estado nos pasados Consellos de Ministros que afectan ás persoas traballadoras temporais que ven finalizados os seus contratos e que poderán acollerse a un subsidio de desemprego.

Así mesmo, tamén se aprobaron novas medidas para as traballadoras do fogar, para as que se estableceu unha prestación especifica cando tivesen que deixar de prestar servizos total ou parcialmente a consecuencia do estado de alarma.

Multimedia