Solapas principales

O Concello de Ames recomenda evitar a circulación por diversas rúas durante as cabalgatas de Reis

Miércoles, 4 enero, 2023
Con motivo das cabalgatas de Reis que se celebrarán nas localidades do Milladoiro e de Bertamiráns ao longo da tarde de mañá, xoves 5 de xaneiro, o Concello de Ames desaconsella a circulación de vehículos polas rúas que percorran as carrozas, co fin de evitar retencións.

As rutas das cabalgatas son as seguintes:

> De 17:00 a 18:00 horas:

O Milladoiro: Rúa Agriños - Travesía do Porto - Rúa Pardiñeiros - Agro do Medio - Rúa de Abaixo - Rúa Raxoeira - Rúa Anxeriz - Rúa Cruxa - Agro do Medio - Rúa Cereixeiros - Travesía do Porto - Pavillón municipal

> De 19:00 a 20:00 horas:

Bertamiráns: Estrada de Lapido (á altura do número 108) - Avenida da Maía - Travesía do Pedregal - Rúa Pedregal - Avenida da Maía - Avenida da Peregrina - Pavillón municipal

Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense consultar os mapas coas rutas que percorrerán as carrozas.