- Tematica
O Concello de Ames, a través do espazo colaborativo A Proa, traballa con prácticas de economía colaborativa, por iso os coworkers traballan e colaboran entre si. Ao mesmo tempo ofrecen un banco de horas para asesorar e colaborar coas empresas de Ames. Froito de dito acordo, o coworker, Luis Pombo, ofrece un servizo de consultoría para empresas de Ames.
Luis Pombo Pereira, consultor homologado polo Instituto de Comercio Exterior de España (ICEX) no 2018, é xerente da empresa LEILOIO International e licenciado en Relacións Internacionais e Master en Dirección de Comercio Exterior pola Facultade de Económicas de Santiago de Compostela. Conta con máis de 13 anos de experiencia en postos de dirección comerciais en varios sectores e ten desenvolvido negocios en máis de 40 países. A través de LEILOIO International, Luis presta servizos de asesoramento comercial internacional a empresas de diversas industrias.
Luis Pombo conta actualmente cun posto no espazo no espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, polo que ofrece este servizo de consultoría con cargo ao banco de horas que cada un dos coworkers de A Proa ten asignado para a realización de actividades para o Concello de Ames. No momento no que os/as coworkers solicitan ocupar un posto no espazo colaborativo comprométense a investir unha serie de horas en beneficio do concello e achegar outras horas para desenvolver proxectos en común co resto de coworkers.
Servizo de consultoría para empresas de Ames
Deste xeito, Luis Pombo ofrece de balde un servizo de consultoría para empresas de Ames. Dito servizo ofrecerao de xeito presencial, acudindo ás instalacións das empresas que así o desexen, ou de forma telemática. O servizo inclúe unha análise do potencial de internacionalización da empresa segundo o plan Canvas e análise DAFO.
O obxectivo é dar un impulso á expansión internacional das empresas de Ames mediante unha análise do Modelo de Negocio, seguindo a metodoloxía do Instituto de Comercio Exterior de España (ICEX). Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo: lpombo@leiloiointernational.com.
Previamente, Luis Pombo xa impartiu nas instalacións o espazo colaborativo A Proa, un seminario sobre o programa ICEX Next, impulsado por LEILOIO International, para favorecer a expansión internacional das empresas do concello de Ames.