Miércoles, 8 mayo, 2019
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres,10 de maio, o tatami sobre o que se impartirá a última sesión do curso de defensa persoal organizado polo Concello de Ames, a través da súa Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade e do Centro de Información á Muller. Esta aposta formativa consistiu nun curso de 8 horas impartido os venres 29 de marzo, 12 e 26 de abril, e 10 de maio en horario de 16.30 a 18.30 horas.
Mediante dita iniciativa pretendeuse facilitarlle ás mulleres do concello unha serie de técnicas de evasión e autodefensa mediante as que coñecer como actuar en certas situacións de perigo, ante as que se buscou ensinar como defenderse dun ataque e aminorar riscos. Ao mesmo tempo, a través deste curso o concello tamén buscou apoiar ás participantes no desenvolvemento das súas habilidades sociopersoais, o incremento da súa autonomía e apoiar o seu empoderamento.