Solapas principales

O estudo de viabilidade para a construción de instalacións deportivas municipais sae a exposición pública

Martes, 6 agosto, 2024
O Concello de Ames vén de anunciar que será publicado para consulta pública o estudo de viabilidade elaborado pola consultora Dosvalor no expediente de concesión de obra pública para a construción de instalación deportiva municipal do Milladoiro, e explotación do conxunto deportivo que conformará xunto a instalación municipal A Telleira de Bertamiráns. Este estudo estará dispoñible durante 1 mes mediante anuncio no BOP, taboleiro de anuncios da sede electrónica, e web municipal.