Os departamentos de Filosofía e Xeografía e Historia do IESP de Ames coordinan un cinefórum de catro sesións centrado no franquismo e a transición española, no que participan diversos departamentos do centro. Cada unha destas sesións consta do visionado dunha película referente a dito tema, e un posterior coloquio no que os participantes debaten sobre o reflectido no correspondente filme. A iniciativa comezou o xoves 4 de abril, coa proxección da película “Las trece rosas”, e continúa coas películas “7 días de enero”, “El caso Almería” e o premiado documental “El silencio de los otros”.
Esta iniciativa realizase ao abeiro do proxecto internacional “En paradoiro descoñecido”, no que colaboran unha vintena de institutos de educación secundaria de Francia e España a través de eTwinning, a comunidade de centros escolares de Europa. O obxectivo deste programa é que a mocidade non esqueza a súa memoria histórica, para o que se busca a súa participación mediante a sensibilización e implicación na herdanza cultural.
Así, a través desta actividade búscase que os mozos e mozas reflexionen sobre temas como a forma en que se exerceu a represión e a violencia durante o franquismo e a transición, a maneira en que foron tratados os distintos feitos nesa época, e as repercusións que tiveron nas liberdades e dereitos das persoas. Mediante estas reflexións tentase fomentar un pensamento libre e rescatar da memoria ás vítimas que aínda seguen en paradoiro descoñecido.