Solapas principales

O prazo de matrícula nas escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena estará aberto do 1 ao 15 de xuño

Viernes, 31 mayo, 2019
A Concellaría de Educación informa que do 1 ao 15 de xuño abre o prazo de matrícula nas escolas infantís municipais O Bosque, de Bertamiráns, e A Madalena, do Milladoiro. A documentación que hai que cubrir para tramitar a matricula dos nenos e nenas admitidos/as pode recoller nas devanditas escolas, ou tamén se pode descargar premendo na ligazón que está a túa dereita, debaixo o apartado de descargas. Unha vez cubertos todos os impresos hai que presentalos na escola infantil onde se vai a matricular o/a neno/a, de luns a venres, en horario de 09.00h a 14.00 horas.

As listas definitivas de admitidos/as e maila lista de agarda pódense consultar na sección de Avisos desta web. Unha vez aceptada a solicitude, os pais/nais dos nenos/as admitidos na escola presentarán seis fotografías tamaño carné, a fotocopia do calendario de vacinas, a fotocopia da tarxeta sanitaria, un informe médico e a declaración da renda do pai e nai (completa) do exercicio 2018.

Para máis información, os interesados ou interesadas poden dirixirse aos propios centros: a EIM O Bosque situada no número 28 da Avenida da Peregrina, en Bertamiráns; e a EIM A Madalena situada no número 16 da Praza da Madalena, no Milladoiro. Tamén se pode chamar aos números de teléfono 981 891 111 e 981 538 433, respectivamente.