Miércoles, 29 junio, 2022
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción Económica, informa que o punto de información para renovar a demanda de emprego que estaba situado na Casa do Concello, en Bertamiráns, foi trasladado ás novas oficinas municipais que están situadas na praza do Concello, número 10. Debido a dito traslado o punto de información da demanda de emprego estivo fóra de servizo temporalmente. Dende este mércores 29 de xuño de 2022 este punto de información volve estar operativo para que toda a veciñanza de Ames renove a súa tarxeta de demandante de emprego.