Lunes, 9 noviembre, 2020
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que se ofrece un servizo de consulta e asesoramento sobre asuntos relacionadas con emprego, comercio, PEMES e autónomos.
Deste xeito, as veciñas e veciños de Ames, poderán chamar ao número de teléfono 649 562 727, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas. Outra opción é enviar un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal. Recoméndase que as consultar máis complexas ou extensas se fagan a través do correo electrónico.