Miércoles, 17 enero, 2024
- Tematica
Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social. Este obradoiro está sufragado a través dunha subvención de 531.046,20 euros, concedida aos Concellos de Ames e Brión por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, da Xunta de Galicia, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego. O obradoiro de emprego dual Renova VI terá unha duración de 12 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as.
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co decreto de composición do Tribunal para unha nova selección de mestre do obradoiro de emprego Renova VI.