Viernes, 25 octubre, 2019
- Tematica
O Concello de Ames vén de poñer en marcha a terceira edición do obradoiro de emprego dual Renova Ames-Brión III. Este obradoiro terá unha duración de 9 meses e contará con 20 alumnos/as traballadores/as (15 de Ames e 5 de Brión) e 5 persoas que formarán o equipo que dirixirá dito obradoiro (1 director/a, 2 mestres/as de instalación solar fotovoltaica, 1 titor/a orientador/a e 1 auxiliar administrativo). Descarga as bases para a selección do alumnado traballador e persoal do obradoiro de emprego Renova Ames Brión III.
O alumnado dedicarase á instalación e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas en edificios municipais de Ames e Brión. O obradoiro Renova Ames-Brión III ten como obxecto a cualificación e inserción profesional de persoas desempregadas mediante a formación e a práctica profesional no certificado de profesionalidade Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas, ENAE 0108 de nivel 2.
>>ACCEDE AO APARTADO DE PROCESOS SELECTIVOS PARA VER OS DOCUMENTOS DE DITO PROCESO