Miércoles, 18 octubre, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio coa constitución do tribunal e a data do segundo exercicio (exame tipo test) do proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a técnico funcionario/a de carreira, que figura como vacante e ten sido obxecto de inclusión para quenda libre ao abeiro da taxa de reposición de efectivos na oferta de emprego público correspondente ao ano 2022. As bases de dito proceso saíron publicadas o xoves 11 de maio de 2023, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).