Martes, 30 mayo, 2023
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do nomeamento de funcionarios/as de carreira por promoción interna de tres prazas de administrativo/a, contida na oferta de emprego público 2021 do Concello de Ames.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os aspirantes poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, na forma prevista na lexislación reguladora de dita xurisdición contencioso-administrativa.