Jueves, 3 abril, 2025
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público a acta do tribunal, o cuestionario tipo test da fase de oposición e a plantilla coas respostas do proceso de selección correspondente para a selección e contratación dun/ha axente local de innovación como funcionario interino/a.
Cóncedese un prazo de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente acta, para que os interesados/as formulen as reclamacións/alegacións ao respecto dos resultados e cualificacións obtidos. Deste xeito, os días para presentar alegacións son do 3 ao 7 de abril.