Solapas principales

Quedan prazas dispoñibles para o curso de iniciación no procesador de textos Writer que organiza a Aula AMTIC

Martes, 21 febrero, 2023
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) programou varias actividades para o primeiro trimestre de 2023. Un dos obradoiros programados é o de iniciación no procesador de textos Writer que se vai a impartir do 7 ao 30 de marzo. Para este obradoiro aínda quedan prazas dispoñibles. Está dirxido a persoas de 18 anos en diante. As persoas interesadas en inscribirse nesta actividade poden facelo de maneira presencial na propia AMTIC, situada na Casa da Cultura do Milladoiro (en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas) ou enviando cuberta e asinada a solicitude de inscrición ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

A programación da Aula AMTIC para o primeiro trimestre de 2023 inclúe un curso de iniciación no procesador de textos Writer, que está dirixido ás persoas de 18 anos en diante. Dito obradoiro impartirase do 7 ao 30 de marzo, os martes e xoves, de 18:30 a 20:00 horas. Para este curso ofértanse 12 prazas.

A inscrición pode facerse de maneira presencial, na AMTIC (na Casa da Cultura do Milladoiro), de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas (excepto en horario de realización de cursos); ou ben enviando a ficha que se pode atopar premendo nesta ligazón debidamente cumprimentada e firmada ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

Para máis información sobre os cursos ou a actividade da Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación pódese chamar ao número de teléfono 981 535 940 ou escribir a informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

Multimedia