- Tematica
A Escola de Música convida ás familias a matricular aos seus fillos e fillas na materia de música e movemento, unha proposta educativa deseñada para introducir aos máis pequenos no mundo da música de maneira lúdica e creativa.
Esta materia está dirixida a nenos e nenas nados/as en 2018, 2019 e 2020 e ten como obxectivo desenvolver o seu sentido rítmico, coordinación motora e apreciación musical a través de xogos e actividades interactivas. O alumnado descubrirá a música de forma divertida, espertando a súa sensibilidade e creatividade desde unha idade temperá.
Horarios e prazas dispoñibles:
-Música e Movemento Grupo A (luns e mércores, ás 16.30 horas): quedan 8 prazas libres que se poderían cubrir con nenos/as nados no 2020/2019.
-Música e Movemento Grupo B (luns e mércores, ás 17.30 horas): quedan 7 prazas libres que se cubrirán con nenos/as nados no 2018. Ademais, o alumnado deste grupo B ao finalizar o curso, terá a oportunidade de optar a unha praza para continuar a súa formación musical elixindo entre as prazas de instrumentos que teñamos dispoñibles para o próximo curso.
Trámite de inscrición
As prazas son limitadas, polo que animamos ás familias interesadas a inscribirse canto antes. As persoas que estean interesadas en participar na materia de música e movemento poderán anotarse cubrindo o impreso de inscrición e enviándoo a través da Sede electrónica do Concello ou entregándoa nos rexistros municipais.
Para máis información, poden contactar coa Escola de Música a través do teléfono 981 53 59 40 ou do correo electrónico escolademusica@concellodeames.gal.