Solapas principales

Quedan prazas libres na EMMA para o curso 2023-2024

Miércoles, 13 septiembre, 2023
A Escola Municipal de Música (EMMA) informa de que conta con prazas libres para as disciplinas de música e movemento e de frauta traveseira no curso 2023-2024, tras rematar o período de inscrición extraordinario o pasado luns, 11 de setembro. As persoas que aínda estean interesadas en participar nalgunha destas modalidades poderán anotarse ao longo do curso, cubrindo a ficha para anotarse e enviándoa a través da Sede electrónica do Concello.

Prazas dispoñibles

> MÚSICA E MOVEMENTO (nacidos no ano 2018):
- Luns e mércores (en horario de 17:30 a 18:30): 8 prazas.
> MÚSICA E MOVEMENTO (nacidos no ano 2019):
- Luns e mércores (en horario de 18:30 a 19:30): 1 praza.
> FRAUTA TRAVESEIRA: 4 prazas (horario a consultar).

Inscricións

As vacantes poderán completarse ao longo do curso escolar. Os/as interesados/as deben cubrir a ficha de inscrición e mandala a través da Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén se pode facer nos rexistros municipais ou a través de calquera outro medio dos recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. As prazas serán adxudicadas por orde de entrada da solicitude en rexistro.

O alumnado que reciba confirmación de que obtivo unha praza deberá confirmala pagando o importe da matrícula. Mandaraselle a través do seu correo electrónico unha folla de auto-liquidación, que tamén se pode recoller na oficina de recadación do Concello de Ames ou na propia oficina da Escola de Música na Casa da Cultura do Milladoiro. Unha vez pagada a matrícula, débese enviar o xustificante de pagamento ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal.