- Tematica
As actividades, organizadas polo Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña, desenvolveranse ata o 15 de xuño de 2024. Durante este curso, as Escolas deportivas contan na categoría de formación deportiva con ballet, baile moderno, baloncesto, fútbol sala feminino, fútbol sala mixto, judo, natación, patinaxe, predeporte, squash, tenis, voleibol, xadrez e ximnasia rítmica. Os maiores de 14 anos poden inscribirse nas actividades do programa “Ponte en Forma”, que inclúe adestramento funcional; aerozumba; ioga; GAP (hipopresivos) – Aerocombat; pilates; spinning, abdominais e glúteos; e ximnasia de mantemento. Premendo nesta ligazón pódese consultar o folleto coa oferta de actividades das Escolas deportivas.
As tarifas para o curso completo son de 48 euros para os maiores de 18 anos e de 32 euros para os menores de 18 anos. No caso do segundo membro da unidade familiar serían 16 euros e no dun terceiro membro e seguintes de 8 euros.