Solapas principales

Quedan prazas libres para o curso 2024-2025 na Escola Municipal de Música

Jueves, 26 septiembre, 2024
A Escola Municipal de Música de Ames mantén abertas as inscricións para a materia de música e movemento de cara ao curso 2024-2025. Ao ser un prazo extraordinario, estas prazas cubriranse por orde de entrada en rexistro da solicitude correspondente a partir do 27 de setembro. As persoas que estean interesadas poderán anotarse cubrindo o impreso de inscrición e enviándoo a través da Sede electrónica do Concello ou entregándoa nos rexistros municipais.

Horarios e prazas dispoñibles:

  • -Música e Movemento Grupo A (luns e mércores, ás 16.30 horas): quedan 8 prazas libres que se poderían cubrir con nenos/as nados no 2020/2019.
  • -Música e Movemento Grupo B (luns e mércores, ás 17.30 horas): quedan 7 prazas libres que se cubrirán con nenos/as nados no 2018. Ademais, o alumnado deste grupo B ao finalizar o curso, terá a oportunidade de optar a unha praza para continuar a súa formación musical elixindo entre as prazas de instrumentos que teñamos dispoñibles para o próximo curso.
  • -Frauta traveseira: quedan 3 prazas.
  • -Canto: queda 1 praza.
  • -Saxofón: queda 1 praza.
  • -Piano: quedan 2 prazas.

Trámite de inscrición
As prazas son limitadas, polo que animamos ás familias interesadas a inscribirse canto antes. As persoas que estean interesadas en participar na materia de música e movemento poderán anotarse cubrindo o impreso de inscrición e enviándoo a través da Sede electrónica do Concello ou entregándoa nos rexistros municipais.

Para máis información, poden contactar coa Escola de Música a través do teléfono 981 53 59 40 ou do correo electrónico escolademusica@concellodeames.gal.