Solapas principales

Listaxe actualizada de establecementos abertos durante o estado de alarma no concello de Ames

Viernes, 24 abril, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, facilita a relación de establecementos que permanecen abertos durante o estado de alarma. Ao pé deste aviso podes consultar tanto os establecementos de alimentación (supermercados, panaderías, froitarías, carnicerías/charcuterías, peixerías/conxelados e comida para levar) como os que ofrecen outro tipo de servizos (farmacias, parafarmacias, clínicas veterinarias, ferreterías, estancos, droguerías, alimentación animal, lavandarías, tinturerías, papelarías, servizos informáticos, estacións de servizo, taxis, talleres, electrodomésticos, construción e desinfección).
Continuamos traballando para ampliar a listaxe de todos os establecementos abertos do concello de Ames durante o estado de alarma.
 
Lembrade que se detectades calquera erro ou vos decatades de que o voso establecemento non aparece  na listaxe, podedes enviar un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.
 
Ademais, dende o Concello de Ames lémbrase que hai que cumprir as normas establecidas para saír a mercar produtos de primeira necidade e que se debe acudir ao establecemento comercial máis próximo ao lugar de residencia.

Multimedia