Solapas principales

Remata a campaña de recollida de alimentos e enseres para as persoas damnificadas pola DANA

Miércoles, 20 noviembre, 2024
O Concello de Ames informa que o pasado venres, 8 de novembro, rematou a campaña de recollida de alimentos e enseres para as persoas damnificadas pola DANA. Agradécese a colaboración de todos os veciños e veciñas que achegaron diferentes produtos aos puntos de recollida habilitados.

Na actualidade, estase preparando todo o material que foi doado pola veciñanza para enviar para Valencia. Está previsto facer o envío a próxima semana. As persoas que queiran facer un donativo económico, pódeno facer a través das vías habilitadas por Cruz Roja e Caritas.

Multimedia