Lunes, 1 junio, 2020
- Tematica
O Concello de Ames informa de que este luns, 1 de xuño, publicouse no DOGA a resolución do 30 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade de diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 30 de maio de 2020.
Deste xeito, acórdase ante a proposta da Consellería de Cultura e Turismo, que no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o límite de capacidade dos establecementos de hostalaría e restauración para consumo no local será do cincuenta por cento, de acordo co establecido no artigo 18 da Orde SND/414/2020, do 16 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 2 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Este acordo entra en vigor este luns 1 de xuño de 2020.